Pintura persoal que analiza unha foliada nun contexto urbano contemporáneo. Mestura elementos propios da cultura tradicional galega co contexto de densidade edificada do polígono residencial de Elviña (A Coruña).
A segunda é unha muiñada tradicional nun contexto natural e cunha linguaxe contemporánea. O muíño de río foi sempre un lugar de encontro onde máis dunha noite acababa en foliada onde o acordeón sonaba ao ritmo da moa.