AIRE

AIRE: materia prima dos suspiros. 

AIRE: fonte de enerxía do alento. 

AIRE: baile das ás encadeadas ó ritmo da liberdade. 

AIRE: ingrávido patio de butacas. 

AIRE: mundo sen tropezóns.

           mundo puro. 

AIRE: renovación celular do espírito. 

AIRE: altruismo. 

AIRE: tregua egoísta da compañía. 

AIRE: desvanecemento da inseguridade.

AIRE: elevación á perspectiva merecida e autoprohibida.

AIRE: conductor de enerxías solitarias. 

AIRE: saude da soidade. 

AIRE: casa única dos pensamentos.   

           casa única das ilusións. 

AIRE: buraco negro do prescindible. 

AIRE: entraña e tumba do imprescindible. 

AIRE: máquina do tempo do olvido e do recordo. 

AIRE: principio e fin eternos. 

AIRE: fogar das esencias.

 

 
 
 
 
 
 
 
 
 
Tan só en media hora 
vexo como a auga emplea a hidro-máxia 
para servir de escaparate ás ameixas e ás cunchas 
que un día foron fogares. 
Ergo un pouco máis a vista 
e vexo millóns de formas indescriptibles 
con liñas de contorno perfectas, 
con reflexos cautos i elegantes 
que non son menos reáis 
que a súa orixe.
A flora baila ó son do vento, 
o vento debuxa innumerables destinos 
na auga cha… 
O aire, tenaz, indeciso, 
pelexa consigo mesmo 
escollendo a dirección 
do seu próximo espectáculo. 
Todo isto… 
tan só no que dura un Haiku.
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
ÁRBORE MENTAL 
 
Estabas a pensar nos biosbardos 
e medráronche ás. 
A túa mente esqueceu os velenos 
polos que adoita camiñar en penumbra, 
e debuxóu soñando laberintos 
polos que poder perderse e voar. 
 
Ás elevacións tortuosas 
xeneradoras de dúbida, 
nacéronlle órganos subterráneos 
que souberon abastecer de inspiración 
a túa ÁRBORE MENTAL.



 

 

 

 

 

Engaiolados, 
entre esquirla e esquirla da realidade 
misturamos xugos artísticos 
ameazados pola fráxil limpidez do común. 
Só por pura necesidade de vencellarnos
co cordón umbilical das emocións, 
só polo preciso acto puro de respirar, 
ollamos ó noso arredor 
para ver a ilusión 
voar de copa en copa, 
acariñando o teito esponxoso da terra. 

Os pincéis e palabras 
que hoxe soltamos ó vento, 
unicamente tentan amainar a queima 
de soños e de sotobosques imprescindibles.

O que aquí hoxe facemos 
non é nada máis 
que un acto de pura supervivencia. 
Non é nada mías 
nin nada menos 
que unha loita das esencias 
por non se adaptar 
á patróns desfigurados.



 
 
 
 
 
 
 
 
 
Se a desgracia do silencio 
 
é o laio cortante 
 
da escuridade sonora 
 
da matrix que fixemos fogar, 
 
mellor entón é 
 
que susurremos as onomatopeyas 
 
dos latexos que espertaron 
 
con area no corazón. 
 
Mellor é que cantemos 
 
a modo de nanas, 
 
a metamorfose lírica 
 
dos intres en anécdotas inolvidables.