A exposición investiga a forte presenza da tradición popular galega no entorno urbano actual, incorporando elementos do baile tradicional da muiñeira cunha linguaxe e contexto contemporáneos.
Na actualidade, en tódolos territorios, e sobre todo nas cidades, a cultura de masas asociada ao modelo capitalista desplaza os rasgos identificatorios vinculados ao territorio físico e á cultura popular para sustituílos por fenómenos globalizados marcados unicamente por intereses económicos. Lonxe de resultar natural, este desplazamento ou cambio de costumes guíase polas élites económicas e a súa influencia nos medios de propaganda ou no propio territorio físico.
A exemonía cultural ven acompañada de todo un abanico de comodidades e rituaus listos para ser consumidos por individuos alienados desplazados da súa condición humana e sufridores da súa propia incomprensión.
Sen embargo en territorios como o galego os fortes rasgos locais (na linguaxe, territorio, arte, clima) son un importante elemento identificario do colectivo. O término popular recupera aquí o seu valor ao seren costumes creadas polo pobo para o pobo.
As obras son unha visión esperanzadora para a sociedade e unha chamada á resistencia activa, onde o baile presenta personaxes que combaten cun colorido propio dos traxes tradicionais galegos o entorno gris da cidade. A clase traballadora agrúpase grazas á música a o baile para comprenderse como colectivo e loitar unida, do mesmo xeito espero que o fago eu dende a pintura.