Coruñenta. Serigrafía (35 x 35 cm)

30,0050,00

Serigrafía limitada a 100 unidades en papel Fabriano 250 gr. Firmado e datado (2021)

A coruñenta ebria percorre as rúas entre trago de viño e imaxe novedosa . Coa mente perdida e a mirada seguindo a luz da pantalla, descansa nun bar de Monte alto acompañada polos seus seguidores dixitais.

A referencia para esta obra é o díptico dos Duque de Urbino, de Piero della Francesca. Na obra do século XV celébrase o home Renacentista como protagonista activo da historia, a mirada da duquesa reflicte a confianza no ser humano. No caso da Coruñenta vemos a unha muller descoñecedora da súa condición humana, sumida nun estado de embriaguez físico e dixital.

SKU: N/D Categoría:

Información adicional

Peso 0,1 kg
Opcións

Coruñenta ( a serigrafía da muller), A parella coruñenta ( as serigrafías do home e muller)

Valoraciones

No hay valoraciones aún.

Solo los usuarios registrados que hayan comprado este producto pueden hacer una valoración.