Información adicional
| Peso | 0,2 kg |
|---|
€85,00
Serigrafía a 4 tintas sobre papel Fabriano 350 gr. Edición limitada a 50 unidades. 2025
Deseñado por Alejandro Mosquera e executado por Juan Balay.
Os gravados, a diferencia dunha lámina impresa, teñen valor como obra pictórica tanto polo proceso manual da execución (que reproduce exemplares coas diferencias propias do artesanal) como pola expresividade e textura da obra con tintas sólidas, superposicións e movemento nas cores.
Unha Venus propia, referenciada nos clásicos da pintura pero traida ó noso contexto. Unha figura femenina sólido e robusta se sitúa na contorna vexetal da Torre de Hércules onde o faro aloumiña o seu rostro. Un barco pesqueiro aproxímase pola costa e os preciados percebes asoman na súa fronte. Unha zona especial, chea de historia e de viviencias, dende mitos como o de Hércules e Xerión (caveira debaixo da Torre), extrañas criaturas como a balea de Lugrís e unha flora e fauna autóctonas e máxicas.
| Peso | 0,2 kg |
|---|
Solo los usuarios registrados que hayan comprado este producto pueden hacer una valoración.
Valoraciones
No hay valoraciones aún.